Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

A Metamorfose de Franz Kafka

Imagen
Ler é unha das actividades máis accesíbeis nestes tempos de confinamento. A miña proposta é A metamorfose , pero para entendela é fundamental coñecer algo máis do seu autor. Para empezar, Franz Kafka naceu o 3 de xullo de 1883 en Praga, no seno dunha familia de orixe xudía. É considerado como unha das figuras centrais da literatura moderna e o precursor do existencialismo. Pertence á primeira metade do século XX. Os acontecementos que neste momento se sucederon van marcar a transformación de todas as ordes: política, social, artística... Tras a crise de fin de século, ten lugar a Gran Guerra, que supón o inicio da historia contemporánea. Co seu remate en 1918 iníciase o período de entreguerras e a recuperación económica dos ‘’felices anos 20’’. Ao mesmo tempo, as tensións ideolóxicas estalan co desenvolvemento dos totalitarismos.                                     Kafka interesouse pola novela, xénero predominante, que vai experimentar cambios na súa forma e contido: o que importa no