Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Para ser alumno ou alumna hoxe

Imagen
Os nenos e non tan nenos estamos acostumados a escoitar que o estudo diario é a base da  aprendizaxe. É certo que o cerebro é un músculo e, como tal, hai que exercitalo, mais unha boa  memoria non sempre é a clave para ter unhas altas calificacións. Como dixo Hesíodo, poeta  grego, a educación axuda ás persoas a aprender a ser o que son capaces de ser. A receita que  vos deixo a continuación está pensada por unha alumna de bacharelato, coido que sexa útil,  mais supoño que pode variar dependendo do nivel académico que se alcance. Ingredientes: 750g de atención   ½ l de interese  500g de curiosidade  3 kg de educación   3 culleiradas sopeiras de autocontrol  150g de iniciativa 200g de pensamento crítico 2,5 kg de perseverancia  condimentos: 2 vasiños de expectativas e 100g de optimismo Preparación: Encendemos o forno vinte minutos antes da clase para que os conceptos non sexan moi fríos e  aburridos. Nunha cunca bastante fonda, mesturamos os 3 kg de e

Por que o mar?

Imagen
Pode parecer difícil de crer, pero o mar aseméllase moito a un diario. Lembrade pois, se non me credes, unha tarde vendo o sol desaparecer entre as ondas mariñas. Inconscientemente, un recordo aparece na nosa memoria. Ben sexa o día en que estreaches o teu primeiro papaventos preto do mar porque a súa brisa manteríao no aire. Aquela tarde que escapaches enoxada do carón do teu avó porque non quixo darche máis doces e acabaches sentada na beira do mar, coas bágoas na man. Os anos en que apertabas a man da túa nai para non perderte na produndidade do océano. Mesmo as tardes nas que non estabas dacordo cando os teus amigos che metían a auga nos ollos coas súas inocentes parvadas. Nunca importou a estación nin a hora. A vida baséase de lembranzas, e as que se viven no mar nunca se esquecen.