Por que o mar?


Pode parecer difícil de crer, pero o mar aseméllase moito a un diario.
Lembrade pois, se non me credes, unha tarde vendo o sol desaparecer entre as ondas mariñas. Inconscientemente, un recordo aparece na nosa memoria. Ben sexa o día en que estreaches o teu primeiro papaventos preto do mar porque a súa brisa manteríao no aire. Aquela tarde que escapaches enoxada do carón do teu avó porque non quixo darche máis doces e acabaches sentada na beira do mar, coas bágoas na man. Os anos en que apertabas a man da túa nai para non perderte na produndidade do océano. Mesmo as tardes nas que non estabas dacordo cando os teus amigos che metían a auga nos ollos coas súas inocentes parvadas.
Nunca importou a estación nin a hora. A vida baséase de lembranzas, e as que se viven no mar nunca se esquecen.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Para ser alumno ou alumna hoxe

A Metamorfose de Franz Kafka