Para ser alumno ou alumna hoxe
Os nenos e non tan nenos estamos acostumados a escoitar que o estudo diario é a base da aprendizaxe. É certo que o cerebro é un músculo e, como tal, hai que exercitalo, mais unha boa memoria non sempre é a clave para ter unhas altas calificacións. Como dixo Hesíodo, poeta grego, a educación axuda ás persoas a aprender a ser o que son capaces de ser. A receita que vos deixo a continuación está pensada por unha alumna de bacharelato, coido que sexa útil, mais supoño que pode variar dependendo do nivel académico que se alcance. Ingredientes: 750g de atención ½ l de interese 500g de curiosidade 3 kg de educación 3 culleiradas sopeiras de autocontrol 150g de iniciativa 200g de pensamento crítico 2,5 kg de perseverancia condimentos: 2 vasiños de expectativas e 100g de optimismo Preparación: Encendemos o forno vinte minutos antes da clase para que os conceptos non sexan moi fríos e...